Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 01 marzo 2021
02:36
h

Callón quere reabrir o debate social sobre o uso da lingua galega

Advirte unha etapa de retroceso // “É o único idioma do estado que perde falantes”, apunta

O profesor e expresidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, insta a abrir “o debate social” ao redor do galego ante a “encrucillada” que vive o idioma na actualidade, momento no que a maioría de informes advirten reiteradamente de que é “a única lingua do Estado que perde falantes”.

E o obxectivo da súa nova obra Galegocalantes e galegofalantes, publicada a través de Edicións Xerais e que continúa unha serie de libros-ensaio sobre a causa do idioma iniciada en 2010 con En castelán non hai problema.

O director de Xerais, Manuel Bragado, definiu esta publicación como unha “crónica” na que o autor tenta reconstruír un momento concreto e “decisivo” para a lingua, a partir do ano 2009, no que se rexistra “un acusado retroceso dos usos sociais” do idioma o plurilingüismo. Unha situación que, en paralelo, leva a unha “activación social da defensa do idioma” sen precedentes na comunidade galega e que esta obra pretende analizar e situarse como “ferramenta polivalente”, explicando un proceso e ofrecendo “coraxe e argumentos” para chamar tanto a cidadáns como institucións á “corresponsabilidade”.

O propio Callón destacou, a súa intención de avivar o “debate social” sobre o idioma que segue vivo, e iso é unha razón para a esperanza”, rematou.

17 abr 2017 / 21:26
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito