Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O Camiño a Fisterra e Muxía promociónase dende Santiago

Onte inaugurouse unha nova oficina de información co apoio dos concellos e da asociación de turismo rural muxiana // Administracións e entidades privadas amosaron o seu interese por seguir traballando conxuntamente

A prolongación do Camiño de Santiago a Fisterra e Muxía reforza a súa promoción dende a propia capital de Galicia, onde conta xa con dúas oficinas de información turística. A segunda foi i­naugurada onte, e está situada no número 31 de Casas Reais, nunhas instalacións xestionadas pola compañía Brigantia Viaxes.

Este novo punto de información é froito da colaboración e o apoio dos concellos de Fisterra e Muxía xunto coa Asociación Muxía Turismo Rural e a devandita compañía. Os peregrinos atoparán alí ampla información sobre a ruta xacobea que se extende ata os devanditos concellos, e tamén poderán contemplar un vídeo promocional sobre os recursos e atractivos turísticos dos mesmos. Asemade, o Concello de Muxía editou un directorio que recolle toda a oferta de establecementos que ofertan aloxamento e gastronomía na zona. A publicación tamén estará dipoñible na oficina compostelá.

Máis de medio centenar de persoas asistiron ao acto inaugural, entre os que se atopaban os alcaldes de Fisterra, José Marcote; Muxía, Félix Porto, e Dumbría, José Manuel Pequeño, así como as concelleiras de Turismo de Santiago, Marta Lois e de Ames, Isabel González; o deputado provincial responsable de Turismo, Xosé Regueira; o xerente de Xestión do Plan Xacobeo, Rafael Sánchez; o presidente da Federación de Empresarios da Costa da Morte, José Gabín; o xerente da Asociación de Empresarios de Hostalería de Santiago, Ramón García; o presidente da Federación Galega de Turismo Rural, Cesáreo Pardal e o directivo do Clúster de Turismo de Galicia, Carlos Tardaguila, entre outros.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

11 abr 2018 / 21:20
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito