Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

'Camiño de superación' de medio centenar de persoas en tratamento oncolóxico

XACOBEO Os directores xerais de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, e de Maiores e Persoas con Discapacidade, Ildefonso de la Campa, recibiron onte ás 48 persoas en tratamento por cancro que finalizaron con éxito tres etapas do Camiño Portugués da Costa, dentro do proxecto Camiño de superación. Trátase dunha iniciativa impulsada pola Asociación Española Contra o Cancro (AECC) de Ourense, que forma parte de O teu Xacobeo dentro das propostas sociais e inclusivas deste programa posto en marcha pola Xunta co obxectivo de fomentar a participación de toda a sociedade na celebración do vindeiro Ano Santo. O proxecto da asociación está formada por tres itinerarios que teñen como obxectivo lanzar unha mensaxe de esperanza e superación da enfermidade a través do Camiño de Santiago e sensibilizar á poboación en xeral na importancia do diagnóstico precoz, a prevención e os coidados como piares fundamentais fronte á loita contra o cancro. Tras completar con éxito este trazado, o seguinte Camiño de superación chegará en marzo de 2020 ata o Camiño Francés, baixo o lema Exportando optimismo.

07 nov 2019 / 21:48
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito