Santiago
+15° C
Actualizado
miércoles, 14 abril 2021
00:18
h

Campo de traballo internacional para pór en valor o Pico Sacro

A iniciativa desenvolverase entre o 1 e o 15 de agosto // Acudirán mozos de Serbia, Rusia, Corea do Sur, Alemaña e Países Baixos // Coñecerán as lendas da zona

O Pico Sacro será o lugar de referencia para a celebración dun campo de traballo internacional o próximo mes de agosto. A iniciativa, na que colabora a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, propón aos participantes, segundo indicou o responsable deste departamento, Ovidio Rodeiro, "desenvolver un proxecto vinculado coas lendas" relacionadas co máximo símbolo do municipio boqueixanés.

A iniciativa xa conta con 15 prazas cubertas: sete internacionais, outras tantas nacionais e unha a maiores de Galicia. Está previsto que acudan a Boqueixón este agosto mozos procedentes de Serbia, Rusia, Corea do Sur, Alemaña e Países Baixos. Aínda quedan prazas dispoñibles para persoas de entre 18 e 30 anos. O campo de traballo boqueixanés tomará como base para as distintas accións creativas que se desenvolverán durante os 15 días a obra da escritora Elena Gallego e que leva por título Dragal: A Fraternidade do Dragón. A través deste traballo os mozos relacionarán as distintas lendas presentadas co mítico monte sagrado que preside Lestedo.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

09 jun 2014 / 21:48
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito