Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 02 julio 2022
02:00
h

‘Cantos de sol a sol’, ou como musicar a esencia da natureza

Neira Vilas presentou o seu libro-CD de poemas para nenos na Estrada // Nove artistas poñen voz

"Sempre me gustou escribir versos, sobre todo para nenos", sinalaba o escritor vilacruceño Xosé Neira Vilas horas antes de presentar na Estrada o seu novo libro-CD de poemas para nenos, Cantos de sol a sol, editado por Galinova, en colaboración coa Fundación Xosé Neira Vilas, con prólogo de Fina Casalderrey (O mago de Gres) e ilustracións do artista plástico Xosé Vizoso. O acto, que estivo apadriñado polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, contou coa presencia de varios dos artistas que poñen voz e música a varios dos 24 poemas do libro.

Según explica o seu autor, Cantos de sol a sol segue, "en certo modo" as estructuras e os ritmos da literatura popular "en línea co haiku xaponés", captando a cadencia das estacións e a esencia da natureza. Neira Vilas da vida e protagonismo no poemario ao outono, á choiva, á primavera, ao sol, a vaca marela, ao verano, ao inverno, á chuvia...

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

.

21 nov 2014 / 22:10
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito