Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Carballo crea un videoclip para celebrar aniversarios en galego

‘Parabéns para ti’ está xa dispoñible en YouTube para que todo o mundo poida facer uso do mesmo // Os protagonistas son xente do municipio// Levarase ás escolas

Parabéns para ti // nesta data querida // Moitas felicidades // Moitos anos de vida // Hoxe é día de festa // cantan as nosas almas // para ti miña vida // unha salva de palmas. Esta é a letra dunha canción e un videoclip que vén de presentar o Concello de Carballo para que nenos e nenas, e tamén maiores, celebren e feliciten os aniversarios en galego. O vídeo, que ten como título Parabéns para ti, xa foi publicado en Youtube para que poida ter acceso a el todo o mundo, e que poida utilizarse para aprender a canción.

Asemade, o videoclip pódese utilizar para felicitar os aniversarios a través das redes sociais, e tamén en centros de ensino, ludotecas, festas... De feito, o Concello de Carballo distribuirá o videoclip nas escolas infantís, os colexios e institutos, e nas ludotecas municipiais.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

11 feb 2015 / 22:03
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito