Santiago
+15° C
Actualizado
domingo, 17 octubre 2021
02:04
h

Carlos Penela recibiu o premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón

'Ese tépedo vento que pasa sobre o mundo' é o nome da obra coa que gañou

Dodro. Onte tiña lugar no CPI de Dodro a entrega do premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón. Un galardón que vai xa pola súa XXXI edición e que é na actualidade un dos premios máis antigos da lírica galega. O escritor Carlos Penela foi o agraciado con este premio grazas a súa obra Ese tépedo vento que pasa sobre o mundo.

O acto estivo presidido polo alcalde de Dodro, Valentín Alfonsín Somoza, polo Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García e pola concelleira de Cultura, Adriana Sóñora. Penela reside actualmente en Viena, onde traballa como tradutor, motivo polo que non puido asistir.

22 dic 2018 / 22:36
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito