Santiago
+15° C
Actualizado
domingo, 11 abril 2021
11:31
h

Catro xeracións alentaron a vida centenaria de Casa García

O negocio de San Miguel de Sarandón, Vedra, comezou polos tecidos e a paquetería ata o centro comercial actual // O sábado celebrarán o aniversario cunha festa

Corría a primavera de 1915 e o matrimonio formado por José García Tejo e Dolores García Rey instalábase na parroquia vedresa de San Miguel de Sarandón, nunha vivenda que comezaran a construír dous anos antes. Non eran tempos doados pero a familia, cun fillo que alcanzaba o ano, aunou esforzos para crear un negocio baixo o nome de Casa García cheos de ilusión e empeño, que agora e logo de pasar por catro xeracións cumpre os cen anos de existencia.

A vida de José e Dolores adquiría outra cor nos inicios desta etapa, nova pero tamén dura, e as súas primeiras zancadas foron adicadas ao negocio dos tecidos, de paquetería e o que se coñecía como vaseo de taberna; vendendo na casa e acudindo ás feiras máis próximas. Pouco a pouco Casa García foi medrando e se diversificou cun ultramarinos e a pequena ferretería, recollida de leite e ovos, ademais da montaxe dun potro para ferrar.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

03 jun 2015 / 21:22
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito