Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 15 enero 2022
02:00
h
análise

O CCG e a Fundación Luís Seoane presentan un gran congreso sobre o artista

Unha retrospectiva na Coruña completará as actividades e ponencias que se van celebrar do 6 ao 9 de abril

    Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega, Alberto Ruiz de Samaniego, director da Fundación Luís Seoane, e Xosé Díaz, membro da comisión organizadora, presentarán o luns 22 ás 12:00 no Salón de Actos do Consello da Cultura Galega o Congreso Luís Seoane. Galicia-Arxentina: unha dobre cidadanía. O congreso celebrarase no Consello da Cultura Galega e na Fundación Luís Seoane entre o 6 e o 9 de abril e se complementará cunha exposición retrospectiva sobre o autor na Coruña.

    O Congreso será o primeiro gran acto do Ano Seoane. É no 2010 cando se cumpre o centenario do nacemento dun dos artistas galegos máis representativos da cultura do século XX e un dos principais renovadores da plástica galega. Neste congreso, o Consello da Cultura Galega e a Fundación Luís Seoane colaborarán para examinar e analizar, por primeira vez, o perfil do artista máis alá da súa propia obra, centrándose nas súas diversas facetas como axente creativo e creador dun proxecto cultural de intensa repercusión en Galicia e en América. Tamén por primeira vez se contará cun conxunto moi representativo de profesionais arxentinos que analizarán o papel de Luís Seoane no panorama da cultura arxentina ao longo do século XX.

    18 mar 2010 / 21:35
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito