Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O centro de día do Son celebra o seu segundo aniversario

    Porto do Son. A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami) celebra esta semana o segundo aniversario do centro de día de Porto do Son con diversas actividades dentro do programa socioterapeútico e cultural que se está a desenvolver nas instalacións. O programa xa se iniciou este luns cun paseo dos usuarios por Porto do Son, donde visitaron o centro de xubilados.

    Na xornada de onte fixeron unha actividade interxeracional, na que os participantes pasaron a tarde cun grupo de nenos do colexio de Queiruga, facendo unha gymkana e merendando xuntos. Para rematar este día os usuarios entregarons os menores un detalliños feitos por eles mesmos.

    Para hoxe está prevista outra actividade moi esperada polo centro. Este día recibirán a visita dos da asociación Misela de Noia, que será un magnífico público para unha representación teatral que levan preparando un tempo. Tamén haberá momento para o baile xa que realizarán unha sesión de xerontoximnasia ao ritmo da Macarena e un concurso de baile. Para rematar merendarán todos xuntos e entregaránselle os agasallos feitos polos usuarios do centro de día aos de Misela.

    Os actos rematarán o venres cunha xornada de portas abertas e xuntanza coas familias dos ususarios. Ademáis, visitará as instalacións unha representación do Concello de Porto do Son e diversos colaboradores do centro. Entre os asistentes, estarán o alcalde, Luis Oujo, e a edila de Servizos Sociais, Magdalena Pérez, entre outros. A xornada será amenizada por un grupo de gaiteiros, proxectarase un vídeo no que se poderá ver o día a día no centro e merendarán todos xuntos.

    O centro de día sonense conta na actualidade con 26 persoas que asisten ás distintas terapias rehabilitadoras e ocupacionais.

    31 may 2016 / 21:08
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito