Santiago
+15° C
Actualizado
domingo, 09 agosto 2020
02:31
h

O centro de día recada productos de primeira necesidade para Cáritas a través do mercado solidario "Troca arte por alimentos"

A exposición coas obras pictóricas, labores e obxectos que poden adquirirse inaugurouse esta mañá e permanecerá no Auditorio ata finais de mes // Os artigos intercambiaranse por alimentos e produtos de hixiene entre os días 25 e 29 de novembro

O Auditorio Municipal acolle dende hoxe e ata finais de novembro a exposición coas obras, obxectos e agasallos doados por colectivos, artistas e veciños para a sexta edición do mercado solidario “Troca arte por alimentos”, organizado polo Centro de Día de Valga coa colaboración do Concello e co que se recadan produtos alimenticios e de hixiene para a entidade benéfica Cáritas.

A mostra foi inaugurada esta mañá coa asistencia do alcalde, José María Bello Maneiro, as concelleiras Begoña Piñeiro e Carmen Gómez, usuarios e persoal do Centro de Día e representantes dalgunhas das entidades e artistas participantes. O listado de doantes inclúe á asociación de Mulleres Rurais Albor, Palilleiras “A Bella Otero”, Adeval, Carmen Magán, Áurea Garabán, Luz Dasilva, Esther Potel, Elena Vidal, Ángeles Garrido, José Garrido, Claudia Coira, Mateo C., Luísa, Alba e Lourdes. Coas aportacións de todos eles configurouse un mercadiño que inclúe cadros, obxectos decorativos, labores artesanais e agasallos. A partir de mediados de mes incorporaranse tamén diferentes adornos de Nadal feitos polos usuarios do Centro de Día.

Todos estes obxectos, que xa poden reservarse, saen á venda por un prezo en alimentos e produtos de primeira necesidade polos que se poderán intercambiar. Os trocos realizaranse entre os días 25 e 29 de novembro e os alimentos e produtos recadados serán entregados a Cáritas para que os distribúa entre as familias sen recursos. Crema de cacao, galletas e cereais de almorzó, cacao ou café soluble, iogures pasteurizados (non precisan frío), alimentos precociñados non refrixerados (fabada, albóndigas ou callos de lata), bricks de crema de verdura, leite, aceite de oliva e xirasol, xel de ducha, xampú, desodorante, cepillos e pasta de dentes, compresas femininas ou pañais infantís talla 3 son algúns dos produtos que poden aportarse a esta acción solidaria.

Tamén se pode colaborar sen necesidade de “mercar” ningún cadro ou agasallo, simplemente doando alimentos ou produtos de hixiene que deben entregarse no Auditorio. Ademais, tamén se admiten novas doazóns de obras pictóricas ou obxectos decorativos para seguir ampliando a exposición e que a iniciativa acade maior éxito.

06 nov 2019 / 00:11
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito