Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O centro superior de música amplía a súa dotación de instrumentos coa compra de tres pianos

Os tres Yamaha C3 supoñen “un salto importante” para o equipamento do centro, indica o director // Serán empregados polo alumnado para o traballo e a práctica nas aulas

O Centro Superior de Música de Valga (CSM Galicia) vén de ampliar a súa dotación instrumental coa adquisición de tres pianos de cola. Trátase de tres Yamaha C3, fabricados en Xapón, que acadan os 186 centímetros de largo. O ancho é o estándar de 150 centímetros.

Os novos instrumentos foron recibidos onte e quedaron emprazados en senllas aulas de estudo para o seu uso por parte do profesorado e o alumnado tanto da Escola de Música como do Centro Superior. “Trátase de instrumental profesional que estará a disposición dos alumnos para a práctica e o traballo nas aulas”, indica Manuel Villar Touceda, director do CSM Galicia e da Escola Municipal de Música.

Esta mellora do material instrumental supón “un salto importante” para o centro e para o alumnado, que terá a garantía de contar cun equipamento de nivel durante a súa etapa formativa e “poderá practicar cun piano similar aos das salas de concertos”, engade o director.

16 nov 2019 / 00:08
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito