Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
ASEMBLEA

Cesáreo Sánchez renova na dirección da AELG

A Asociación de Escritores premia a Fernández Paz, Mariví Villaverde, Elena Poniatowska e Luandino Vieira

A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) celebrou onte a súa asemblea anual en Santiago, na que -entre outras cuestións- aprobou a nova composición da súa xunta directiva, que seguirá a presidir Cesárea Sánchez, con Antía Otero como vicepresidente. Na asemblea acordouse conceder o premio Bos e xenerosos a Mariví Villaverde, así como a Letra E a Agustín Fernández Paz. Asemade, declarouse Escritora Galega Universal á mexicana Elena Poniatowska, distinción que se outorgou tamén, e por primeira vez, a un autor da lusofonía, o angolano Jose Luandino Vieira. Estes premios entregaranse na Cea das Letras conxuntamente cos Premios AELG, que este ano incorporarán unha nova distinción: a do mellor blog literario. Igualmente, farase entrega dun galardón á Sección de Literatura do Liceo de Ourense, personificada na figura de Marcos Valcárcel.

 

08 feb 2009 / 02:51
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito