Santiago
+15° C
Actualizado
jueves, 18 agosto 2022
21:00
h
creación

O CGAC leva a México unha individual de María Ruido

A mostra é unha coprodución do Centro Galego de Arte Contemporánea e o Museo de Arte Carrillo Gil ·· A exposición, que viaxará a Galicia en 2010, recolle a traxectoria da artista ourensá entre os anos 1997 e 2008

A artista ourensá María Ruido (Pidre, 1967) inaugurou onte no Museo de Arte Carrillo Gil (MACG) de México DF, acompañada de Manuel Olveira, o director do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), a exposición titulada W&W:Work&Words. Esta mostra é unha coprodución do CGAC e o MACG, que conta coa colaboración da Sociedad Estatal para a Acción Cultural Exterior (Seacex) e que se exhibirá tamén en Galicia entre o 17 de decembro e o mes de febreiro de 2010. Esta mostra leva parello un seminario que se desenvolverá no auditorio do MACG, realizado en colaboración co Programa de Estudos de Xénero da Universidade Nacional Autónoma de México (UNAM) e que conta tamén co apoio de Seacex.

W&W:Work&Words é unha mostra individual na que se dá conta da traxectoria da artista dende as súas primeiras performances caracterizadas pola influencia do pensamento e a práctica feministas até as súas pezas videográficas actuais conformadas como ensaios visuais sobre situacións paradigmáticas da sociedade, a economía e a política contemporáneas. A mostra fai un percorrido polas obras de Ruido realizadas entre 1997 e 2008, período no que a artista fraguou un corpo de traballo como produtora cultural ao redor dos elementos (poder, memoria, imaxinario, etc.) que inciden na construción dos suxeitos políticos.A metodoloxía de traballo de María Ruido baséase en amplas investigacións que requiren fortes doses de tempo e todo un equipo de documentalistas, historiadores, cámaras e editores para darlles forma a proxectos de produción lenta e forte calado. No Museo Carrillo Gil poden verse desde onte as súas primeiras performances rexistradas en vídeo así como os seus últimos ensaios visuais: Ethics of care (1999), A memoria interior (2002), Tiempo real (2003), Ficcións anfibias (2005) e Plan Rosebud (2008).

'EL VENENO DEL BAILE'

Paco Cao, en Santo Domingo

Paco Cao (Tudela Veguín, 1965), outro dos artistas que integran a última exposición do Proxecto-Edición, A sombra da historia. Os contextos que veñen, estreou onte ás 19:00 horas a súa peza El veneno del baile na Cinemateca Nacional de Santo Domingo. Da man do seu interese pola experiencia do baile no Caribe e, en especial, na República Dominicana, Cao retoma en 2006 un proxecto que xa iniciara en 2004 e comeza a desenvolvelo no marco de Proxecto-Edición. O traballo culmínao en 2008 coa edición de El veneno del baile, ensaio fílmico dunha hora de duración .

05 feb 2009 / 00:53
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito