Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
DIFUSIÓN

Chega "Toponimízate", a campaña que divulgará os nomes de 16 localidades

A campaña de divulgación da toponimia Toponimízate, coñece os nomes da túa terra chegará este mes e o mes de decembro a dezaseis localidades. A Real Academia Galega coordina esta iniciativa en colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Os responsables de ambas entidades, o presidente da Academia, Víctor F. Freixanes, e o secretario xeral Valentín García, presentaron onte na sede da academia a campaña xunto a María Luísa Pena Babío, en representación da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE da Xunta de Galicia, e Vicente Feijoo, o especialista en toponimia do Seminario de Onomástica da RAG que impartirá as charlas.

"Con esta iniciativa, pretendemos implicar o conxunto da sociedade, tanto institucións locais como particulares, na reivindicación e defensa dun dos nosos grandes tesouros históricos", engadeu o presidente da RAG. O programa percorrerá as catro provincias galegas e chegará tamén ao Bierzo.

O público poderá coñecer como funciona a aplicación colaborativa para a recollida da microtoponimia que se estreará proximamente.

21 nov 2019 / 22:17
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito