Santiago
+15° C
Actualizado
miércoles, 27 mayo 2020
03:00
h

"Choiva, pedra e cristal" gaña o concurso para a edificación do futuro auditorio ribeirense

Constará de dous volumes a modo de caixas de resonancia e o porche de benvida

    O xurado proclamou onte gañador do concurso de ideas para a construción do futuro auditorio de Ribeira ao equipo formado por Bernat Pons, Anna Gorrochategui e Antoni Pons, procedentes de Palma de Mallorca, co diseño denominado Choiva, pedra e cristal.

    Así o decidiu despois de valorar as tres propostas que, de entre as 36 presentadas, foron seleccionadas como finalistas na fase anterior. As outras dúas eran Atrio, de Carlos Seoane, e Escoita e verás, con Antonio Bouza Castaño, Manuel Amado Fernández e Ángel Rivas Amado.

    Os autores do proxecto vencedor explicaron que o novo edificio contará cun aforo de 526 prazas (o dobre que o actual) e será totalmente accesible. Caracterízase pola súa gran versatilidade, constando de dous volumes a modo de dúas grandes caixas de resonancia cun porche que servirá para dar a benvida aos espectadores que se achegan ata a praza do Centenario.

    Agora, o estudo ten un prazo de tres meses para realizar o proxecto construtivo que se materializará nunha parcela de 1.372 metros cadrados situada fronte á citada praza.

    O alcalde ribeirense, Manuel Ruiz, recordou que este inmoble forma parte da Edusi Máis Riveira Atlántica, que está financiada nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) dentro do Programa Operativo Plurirrexional de España (POPE) 2014-2020.

    16 may 2019 / 00:00
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito