Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Chus Garaboa (Alimentación Mari Carmen): "As grandes áreas son moito máis frías"

Para Chus Garaboa o ultramarinos foi unha saída laboral. Tiña experiencia comercial porque rexentaba unha tenda de roupa e cando os propietarios de Alimentación Mari Carmen (Basquiños 50) a convidaron a quedar como arrendataria do seu negocio trala xubilación non o dubidou. Xa pasaron dous anos desde aquela. “Vainos moi ben. O noso forte é o ti a ti. As grandes áreas son moito máis frías”, defende.

Para conservar esa clientela de toda a vida que, desde hai catro décadas merca no local, Chus decidiu manter as siglas do establecemento. Sabe que competir coas cadeas de supermercados que nas últimas décadas se veñen espallando por todo o rueiro é complexo, pero explota os seus valores diferenciais: o horario amplo, mercadoría de calidade e a atención persoal. O esforzo non é pouco. Chus ocúpase do negocio ela soa, de 07.30 a 21.30 horas. Os domingos e os festivos abre polas mañás. “Aínda así nas grandes superficies poñen moitas ofertas que nós non podemos asumir”, admite.

A medio camiño entre a zona norte de Compostela e o Ensanche e á beira da sede principal da Xunta e da estación de autobuses, o ir e vir continuo de peónsvaille moi ben ao seu negocio. “Teño de todo. Veciños, estudiantes, moitos que van de paso e tamén peregrinos”, comenta.

17 nov 2016 / 18:24
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito