Santiago
+15° C
Actualizado
miércoles, 27 octubre 2021
02:12
h
terras de santiago

Os cidadáns de Terras contan coa atención sanitaria de case mil profesionais

Os cupos dos médicos varían entre os 2.129 pacientes de máximo e os 449 de mínimo // Entre estes 52 municipios xuntan un déficit de 79 enfermeiros // Só teñen uns 22 PACs

    Son 956 os traballadores que desempeñan a súa labor nos 85 centros sanitarios de Terras. Máis de 450.000 persoas, según datos do IGE (Instituto Galego de Estatística), habitan nos 52 concellos que esta publicación abarca, e teñen á súa disposición un profesional por cada 500 habitantes. Estes profesionais comprenden médicos, enfermeiras, auxiliares de enfermería, celadores, PSXs (persoal de servizos xerais), asistentes sociais, farmacéuticos, fisioterapeutas, matronas, odontólogos, pediatras, técnicos especialistas, persoal de oficios e MIR (médicos internos residentes).

    Sen embargo, a maiores da poboación, compre ter en conta a dispersión xeográfica á hora de establecer o número de centros de saúde e o número de profesionais que traballarán nos mesmos. Isto fai que Galicia estea por riba da media estatal, na que se establece só un centro de saúde por cada 15.705 habitantes. Os municipios de Terras posúen unha media de 114 habitantes por quilómetro cadrado e dispoñen dun centro por cada 5.334 pacientes. Algúns datos, pola contra, non seguen a norma da poboación nin da dispersión xeográfica; pois ao comparar por exemplo, Mazaricos, que é o concello de Terras con maior dispersión xeográfica, cunha densidade poboacional de 24,2 habitantes por quilómetro cadrado, e que conta con 4.533 habitantes, con Dumbría, con menor número de cidadáns e tamén menos dispersos (3.291 habitantes e unha densidade de 26,3), sorprende que Mazaricos só conte cun centro de saúde, mentres que Dumbría dispón de dous. En canto aos médicos de familia, o Plan de Mellora do Sergas do 2009, xa obsoleto dende o 2011 polos recortes, estipulaba un cupo medio de entre 1.250 e 1.500 pacientes. Os datos ofrecidos polo Sergas no mes de xaneiro deste ano mostran que a maioría dos facultativos están dentro do rango, cunha media nos 52 concellos abarcados por Terras de 1.342 pacientes por médico.

    Más información en Orbyt y El Correo Gallego

    01 sep 2013 / 21:11
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito