Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Climántica continúa investigando sobre o marisqueo en Testal

Alumnos do IES Poeta Añón desprazáronse á praia noiesa para obter novas mostraxes

Integrantes do proxecto Climántica desprazáronse onte á praia de Testal para desenvolver dúas investigacións sobre o marisqueo de bivalvos, coa colaboración da Confraría de Mariscadores de Noia.

Un dos estudos, destinado a darlle continuidade á serie periódica sobre abundancia e distribución dos moluscos que iniciaron no curso 2016-2017, permitirá "introducir a mostraxe antes do inicio da campaña de marisqueo, porque as anteriores fíxéronse no remate da mesma", explicou o director do proxecto, Francisco Sóñora. Na actividade, que estivo dirixida pola profesora do instituto Poeta Añón de Outes, Mercedes Lamas, e por Aitor Alonso, graduado en Bioloxía, participaron alumnos do citado centro.

A segunda indagación que se levou a cabo en Testal foi no ámbito da economía sobre o recurso e implicou a estudantes do IES Xelmírez I de Santiago de Compostela. Unha iniciativa que coordinou o profesor Andrés Fariña.

Climántica dá así un paso máis na súa liña metodolóxica consistente en que os escolares poidan "contribuír a xerar datos científicos que permitan facer un seguimento dos efectos do cambio climático e demais factores que inciden no cambio global no océano", destacou o experto.

Mañá, día 2, alumnos do IES Poeta Añón e do Virxe do Mar de Noia, proseguirán investigando no espazo protexido por Red Natura en Louro (Muros).

30 sep 2019 / 20:44
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito