O COAG pretende que a sociedade aprenda a respectar os territorios
O proxecto Xentes, espazos e lugares ten como principal obxectivo ofrecer unha visión completa das paisaxes// Participan arquitectos, artistas, xeógrafos, xornalistas e sociólogos
A xente debe ter unha maior capacidade para entender o territorio, xa que coñecer é o primeiro paso para a súa conservación", así o afirmou o decano do Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG), Jorge Duarte, no acto de presentación do proxecto "ambicioso" Xentes, espazos e lugares.
O seu obxectivo principal é ofrecer unha visión completa dos lugares, da man non só de arquitectos, senón de todos aqueles que teñan algo que dicir sobre a complexidade de habitar no noso país.
Nace a raíz do proxecto Terra, que leva máis de dez anos de divulgación na educación primaria e secundaria, e pretende ser un proxecto con certa continuidade, que logre a implicación da sociedade en conceptos relacionados con urbanismo e arquitectura.
28 ago 2012 / 20:31
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito