Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Cogami atende xa no centro de día de O Son a 21 usuarios

Unha das particularidades do centro é que as persoas poden acudir medio día, unha xornada completa e mesmo por horas

    O pasado mes de xaneiro, a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami) asumiu a xestión do centro de día para persoas maiores de Porto do Son, un centro que está situado no lugar da Aguieira e que se dedica ao coidado das persoas promovendo a súa autonomía persoal.

    A xestión de Cogami iniciouse cando o centro contaba con 14 persoas usuarias e, durante estes oito meses, incrementaron as altas, chegando a ser 21 as persoas que a diario asisten ás distintas terapias rehabilitadoras e ocupacionais.

    Unha das particularidades que distingue ao centro de día de Porto do Son doutros é que as persoas que acoden ás súas instalacións poden facelo en modalidade de xornada completa, en media xornada e tamén en xornada por horas, que supón un custo dende 2,91 euros a hora.

    Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

    28 ago 2014 / 20:57
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito