Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A colección de 'Solidariedad Obrera' vai ser dixitalizada

    O proxecto As vítimas, os nomes, as voces e os lugares, que desenvolven a Consellería de Cultura e as tres universidades galegas, incrementará o seu fondo documental coa dixitalización da colección máis completa que se conserva do xornal Solidaridad Obrera, editado na Coruña entre 1930 e 1936. Xunto con este diario, incorporaranse ao fondo documental do proxecto exemplares doutras cabeceiras que permitirán achegarse dunha forma máis directa á realidade do movemento obreiro de antes da guerra civil en Galicia, segundo informou onte a Consellería nun comunicado.

    Estas publicacións son propiedade da familia Villaverde Otero e pertenceron ao líder anarquista José Villaverde Velo (Compostela, 1894-Arteixo, 1936). A colección de Solidaridad Obrera preséntase como referente no Estado pola súa remuda e importancia histórico-social, xa que só en Ámsterdan se pode consultar outra colección similar, aínda que de menor envergadura, segundo a mesma fonte. Xunto con Solidaridad Obrera (Solidaridad, tras 1934), rescatáronse exemplares de La Calle, que comezou a súa andaina en 1936, onde José Villaverde escribía a sección Flechazos. Tamén se recuperaron exemplares de Combate Socialista (1936), e do xornal anarquista Brazo y Cerebro, de 1935 e 1936 .

    13 feb 2009 / 03:56
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito