Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O coliseo Noela acolle ata despois de reis unha mostra a favor da Creba

    Noia. O coliseo Noela de Noia acolle unha exposición solidaria na que participan artistas profesionais que donarán o 45% das ventas á Asociación pro saúde mental A Creba. A mostra, coordinada por Cristina Carballedo, poderá visitarse ata despois de reis.
    A exposición xira en torno a pezas de pequeno formato para agasallar nestas datas de nadal: esculturas e xoias de Ramón Conde; platos pintados a man de Lomarti; obras de pequeno formato de Seara, Fernando Barreira, Jorge Espiral, Veiras Manteiga, Baldo Ramos, Noa Persán, Mila Vázquez, Isabel Alonso, Fernando Pereira, Iglesias Diz, Alex Vázquez, Carmen Torreiro, Luisa Paz Montenegro, Carmen Torreiro e Marcos Real; panos de seda pintados a man de Isabel Pintado; marcapáxinas de Mª Luisa Novais; esculturas de Alvaro de la Vega, Pazos, Fran Lareo, Camilo Seira ou Luis de las Cuevas; grabados de Enrique Tenreiro, Xavier Magalhaes, Julio Sanjurjo, Joaquín García Gesto son as distintas pezas que se poden atopar e adquirir ata despois de Reis no coliseo.

    06 dic 2016 / 19:20
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito