Santiago
+15° C
Actualizado
jueves, 06 agosto 2020
15:00
h

COMEZAN AS OBRAS DE ENSANCHE DUN CAMIÑO EN CHENLO PARA MELLORAR O ACCESO RODADO A UN NÚCLEO DE VIVENDAS

A pista ampliarase para que, ademais, poidan circular ambulancias, bombeiros e outros servizos de emerxencias // A Consellería do Medio Rural financia os traballos, valorados en 46.476 euros

    A empresa Canalizaciónes y Construcciones Salnés S.L. deu comezo esta semana ás obras de ensanche e acondicionamento dun camiño en Chenlo, na parroquia de San Miguel de Valga, que están subvencionadas pola Consellería do Medio Rural.

    A escasa anchura que presenta o camiño nalgúns dos seus puntos dificulta a chegada ás vivendas da zona con vehículos e imposibilita, ademais, que servizos de emerxencias como ambulancias ou bombeiros puideran acceder ao lugar ante eventuais situacións de urxencia, coas importantes consecuencias que isto podería conlevar.

    Para dar solución a esta situación e ofrecer un servizo axeitado a todos os veciños da zona, o Concello redactou o proxecto para o ensanche do camiño, que ten unha lonxitude total aproximada de 380 metros. As obras consistirán na ampliación da pista ata un ancho próximo aos catro metros, para o que será necesaria a demolición e posterior reconstrución de varios muros de peche de parcelas colindantes.

    Tamén se realizarán traballos de perfilado e compactado do terreo e a dotación dun novo firme a base de aglomerado en quente. O proxecto inclúe, ademais, a recollida de augas.

    O orzamento destas obras ascende a 46.476’25 euros.

    12 feb 2020 / 00:18
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito