Santiago
+15° C
Actualizado
jueves, 09 diciembre 2021
02:00
h

O cómic 'Titoán' do dibuxante Iván Suárez e o guionista Ignacio Vilariño, premio Castelao

    Santiago. O cómic Titoán, do debuxante compostelano Iván Suárez e o guionista de Lalín Ignacio Vilariño, é a obra gañadora da VII edición do premio de banda deseñada Castelao, convocado pola Deputación da Coruña e dotado con 6.500 euros e a publicación da obra gañadora. O fallo do xurado foi feito público esta mañá polo presidente da institución provincial coruñesa, Salvador Fernández Moreda, e o comisario do certame, Miguelanxo Prado, durante unha rolda de prensa na que se destacou o excelente nivel medio dos traballos presentados a esta edición, o que supón "unha progresión" do certame.Salvador Fernández Moreda felicitou aos gañadores e expresou a súa satisfacción pola brillante traxectoria profesional de moitos dos autores coruñeses que gañaron as anteriores edicións do certame. "Moitos dos que gañaron o premio Castelao están hoxe recibindo outros galardóns e destacando no mercado nacional da banda deseñada", afirmou Moreda, que considerou que o premio "cumpre así as expectativas coas que foi creado".

    28 abr 2011 / 03:46
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito