Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Competirán doce pinchos na final do Santiago(é)Tapas

Son dous máis dos previstos inicialmente // O concurso será os días 6, 7 e 8 de decembro

Un total de 12 tapas, dúas máis das inicialmente establecidas nas bases do concurso, competirán na gran final do XII Santiago(é)Tapas que se celebrará os días 6, 7 e 8 de decembro.

Así o decidiu a organización en consenso co xurado profesional que percorreu os locais participantes, xa que había unha escasa diferenza de puntuacións entre varios candidatos, mostra do excelente nivel das propostas presentadas nesta edición. Así, as doce propostas finalistas son Castaña e Salmonete empadronado, de A Maceta; Mexillón viaxeiro, de A Viaxe; Coci-Dillo, de A Xuntanza; Falso miso de batea e curral, de ACDC; Lacón con grelos, de Artesana; A vieira que saíu de Herbón e chegou á India, de Bar Suso; Manitas crocantes, de Casa dos Xacobes; Filloa rechea de rabo de tenreira con bechamel, de La Bodeguilla de Santa Marta; Curry de Galo Celta e Empanada líquida de bonito de Burela, de Lume; e Criollo marino, de O Ferro.

Estas doce propostas, 9 creativas e 3 tradicionais, optan aos premios Santiago(é)Tapas 2019. A elección das tapas gañadoras farase mediante a ponderación da valoración dun xurado profesional e a puntuación media obtida dos votos populares durante os días de celebración do concurso (do 14 de novembro ao 1 de decembro) e tamén durante a final do 6 ao 8 de decembro.

Entre todas as tapas finalistas outorgaranse un primeiro e un segundo premio á tapa creativa, dotados con 1.000 e 500 euros, respectivamente; e un primeiro e un segundo premio á tapa tradicional, tamén con 1.000 e 500 euros.

02 dic 2019 / 22:21
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito