Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Compostela sirve de exemplo en Sevilla nun foro sobre industrias culturais

PATRIMONIO A concelleira de Urbanismo e de Acción Cultural, Mercedes Rosón, participou onte na mesa redonda Desenvolvemento produtivo con inclusión: o rol das industrias creativas e culturais na economía local, que tivo lugar no marco do IV Foro Iberoamericano de Alcaldes: Patrimonio Vivo, que se celebra en Sevilla. Durante a súa intervención, sinalou que en Compostela, cultura e patrimonio levan séculos "íntimamente relacionados. E é aí onde estamos traballando, nesa simbiose". Dixo que por esa razón redactaron o Plan de Xestión da Cidade Histórica, que contempla a acción cultural e a potenciación do patrimonio como un aspecto esencial do noso desenvolvemento económico. Despois de falar da importancia do Camiño de Santiago como "transmisor da cultura europea"; e de salientar o papel que ten o patrimonio intanxible no desenvolvemento económico da cidade, destacou o valor das peregrinacións e a ampla oferta cultural e creativa de Santiago. Tamén explicou o Plan de Xestión da Cidade Histórica, que recolle oito obxectivos estratéxicos e retos de futuro.

17 sep 2019 / 22:25
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito