Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O compostelán Alberto Ramos recolleu onte o García Barros

O autor recibía o galardón, dotado con 9.000 euros de mans do alcalde estradense, José López, a quen acompañaba o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García

O mundo das letras foi onte o gran protagonista na capital de Tabeirós. A vila estradense celebraba pola mañán o fallo do Varela Buxán de teatro e, a noitiña, o Teatro Principal vestía a súas galas para acoller a entrega do Premio de Novela Manuel García Barros, na súa vixésimo sexta edición. Un galardón que recaía no escritor e xornalista compostelán Alberto Ramos, pola súa obra Máscaras Rotas para Sebastian Nell. O autor recibía o galardón, dotado con 9.000 euros de mans do alcalde estradense, José López, a quen acompañaba o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.

No acto, o escritor e director da Editorial Galaxia mostraba os seus parabéns ao galardonado e tamén ao Concello da Estrada por manter vivo o pulo deste galardón. É precisamente a editorial que dirixe Freixanes quen editou a obra gañadora.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

12 dic 2014 / 21:53
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito