Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Os concelleiros Begoña Piñeiro e Pedro Calvo felicitan a María Josefa Senín Otero no día do seu 101 aniversario

Os dous edís, en representación de todos os veciños de Valga, agasallárona cun ramo de flores e unha torta // Esta veciña de Reguengo (Setecoros) é a segunda muller máis lonxeva do municipio

María Josefa Senín Otero, veciña de Reguengo (Setecoros), esta hoxe de celebración. Cumpre 101 anos e por ese motivo este mediodía recibiu a visita no seu domicilio dos concelleiros Begoña Piñeiro e Pedro Calvo, que a felicitaron en nome do goberno local e de todos os veciños de Valga.

Os edís agasallárona cun ramo de flores e unha torta e compartiron con ela e coa súa familia, que a está acompañando nesta data sinalada, uns momentos de conversa e de celebración, que incluíron un brinde á saúde da centenaria. María Josefa Senín cumpriu coa tradición de soplar as candeas da torta e recibiu un regalo moi especial do seu bisneto Roi, que interpretou unha peza coa gaita na honra da súa avoa Bisi, como cariñosamente a chaman.

María Josefa Senín Otero é a segunda valguesa máis lonxeva, despois de María Bouzas Senín, veciña de Cerneira, que cumpriu este verán 103 anos. Curiosamente as dúas centenarias son parentes, xa que son curmás.

03 sep 2019 / 18:44
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito