Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O CONCELLO ADICA ESTE ANO O DÍA DA MULLER ÁS PROFESIONAIS DAS CIENCIAS DA SAÚDE

O acto de homenaxe terá lugar o domingo 8 de marzo no Auditorio Municipal // As valguesas que traballaron ou traballan en profesións coma enfermería, medicina, farmacia, psicoloxía ou outras deste ámbito poden poñerse en contacto do Concello antes do 20 de febreiro

    O Concello de Valga está a organizar os actos conmemorativos con motivo do 8 de marzo, Día Internacional da Muller.

    Nesta ocasión, realizarase unha homenaxe a todas aquelas mulleres do municipio que se adican profesionalmente ás Ciencias da Saúde, tanto no ámbito da Formación Profesional coma no da Universidade.

    Valguesas que se adican á medicina, enfermería, farmacia, fisioterapia, nutrición, logopedia, odontoloxía, óptica e optometría, psicoloxía, podoloxía, terapia ocupacional ou calquera outra profesión relacionada coa saúde serán as protagonistas do acto de recoñecemento que se celebrará o domingo 8 de marzo no Auditorio Municipal.

    Con tal motivo, o goberno municipal pide ás veciñas de Valga que se atopen nesta situación e traballasen ou traballen nalgunha destas profesións, se poñan en contacto co Concello xa sexa presencialmente ou a través do teléfono 986 55 94 56.

    12 feb 2020 / 00:22
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito