Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O CONCELLO CONCERTA UNHA OPERACIÓN DE TESOURERÍA POR IMPORTE DE ATA 630.000 EUROS COMO MEDIDA PREVENTIVA ANTE A FALTA DE PAGO DE VARIAS SUBVENCIÓNS POR PARTE DA DEPUTACIÓN E DA XUNTA

A 2 de decembro, as administracións provincial e autonómica tiñan pendente de ingresar ao Concello 1.005.230’81 euros // A pesar disto, o Concello ten nas súas contas bancarias un saldo positivo de 402.319’77 euros

    O Concello de Valga conta a día de hoxe cun saldo positivo de 402.319’77 euros nas súas contas bancarias.

    A pesar diso, o goberno municipal decidiu concertar unha operación de tesourería por valor de ata un máximo de 630.000 euros. Trátase dunha medida preventiva ante o retraso no pago de diversas obras e subvencións por parte da Deputación de Pontevedra e da Xunta de Galicia.

    Esta operación ten unha duración dun ano e o custo máximo que terá que aboar o Concello será de 315 euros. De non ser necesario utilizar todo o importe, esta cantidade veríase reducida na parte proporcional correspondente. O Concello non terá, por tanto, que pagar ningunha comisión de apertura, nin de cancelación, nin de amortización anticipada.

    O Concello de Valga tivo que anticipar o custo de varias obras e actuacións que se levaron a cabo na localidade e que foron subvencionadas por outros organismos. Non só tivo que pagar a parte que lle correspondía financiar ás arcas municipais, senón que tivo que adiantar o custo total de ditas obras, que contan con compromiso de financiación por parte das administracións provincial e autonómica. A día 2 de decembro, a Deputación de Pontevedra tiña pendente de ingresar ao Concello 651.230’81 euros e a Xunta, máis de 354.000. En total, 1.005.230’81 euros que o Concello de Valga está pendente de percibir.

    Por iso, e dado que o Estado obriga a pagar aos proveedores nun prazo máximo de 30 días, o goberno local decidiu actuar con previsión e concertar unha operación de tesourería para previr posibles impagos a proveedores en caso de que a Deputación e a Xunta sigan retrasando o ingreso das subvencións. “Este equipo de goberno é responsable e non quere, baixo ningún concepto, que a falta de pago doutras administracións poida repercutir nos nosos proveedores”.

    Como adoitamos dicir, non todo vale en política. E a mentira é algo polo que non se debe pasar. Os concelleiros do PSOE de Valga, aos que agora se une o señor Castiñeiras das Mareas, ao único que se limitan continuamente é a intentar deixar mal a este equipo de goberno e, neste caso, ao concelleiro de Contas que lles deu unha lección sobre o orzamento municipal no último Pleno. Un Pleno no que, por certo, o señor Castiñeiras non dixo nin unha palabra do presuposto. Será que non tiña nada que obxectar a el.

    Non só iso, senón que os grupos da oposición teñen a ousadía de faltar ao respecto, ofender e botarlle a culpa aos funcionarios do Concello. Do que debían empezar a preocuparse é de defender os intereses dos veciños de Valga. Poden comezar por facer xestións ante a Deputación para que ingrese ao Concello os máis de 650.000 euros que lle debe, ou ante o Goberno Central para que non desmantele o cuartel da Garda Civil. Tamén poden esixir que se volvan a outorgar as aportacións ao CODI ou que non se deixe sen subvencións ao edificio administrativo. En cambio, o PSOE e En Marea prefiren aplaudir todo o que vai en contra dos intereses dos veciños de Valga. Porque para eles canto peor, mellor.

    26 dic 2019 / 23:27
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito