Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O CONCELLO CONTINÚA MELLORANDO O EQUIPAMENTO DA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL

O centro recibiu nos últimos días novo material educativo e mobiliario para as aulas // A escola conta con 84 alumnos matriculados repartidos en seis aulas

O Concello continúa reforzando o equipamento da Escola Infantil Municipal, coa incorporación nos últimos días de novo mobiliario para as aulas e tamén material educativo para un mellor desenvolvemento da actividade docente.

En concreto, o centro recibiu un lote de libros de contos, sete caixoneiras, cinco mobles para organizar as fichas do alumnado, tres espellos, tres estanterías para os baños nas que colocar os vasos e os cepillos de dentes dos nenos e tres mobles con gabetas para ordenar o material.

Con esta nova remesa de material, o goberno municipal quere seguir contribuíndo a reforzar a actividade da escola, que conta na actualidade con 84 alumnos matriculados de entre 3 meses e 3 anos de idade. Os nenos están divididos en seis aulas: unha de 0-1 anos, outra de 0-2, dúas de 1-2 e as dúas últimas de 2-3 anos.

19 ene 2020 / 12:50
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito