Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O CONCELLO DÁ POR FINALIZADA A XESTIÓN DO GRUPO DE EMERXENCIAS A PARTIR DO DÍA 31 DE DECEMBRO

Solicítase á Xunta, á Deputación e á Fegamp a convocatoria dunha reunión cos concellos afectados para decidir unha nova ubicación // Entre os días 21 e 25, ambos incluídos, non haberá servizo no turno de tarde por falta de persoal

    O Concello de Valga informa que o próximo día 31 de decembro de 2019, ás 24:00 horas, dará por finalizada a xestión do Grupo de Emerxencias Supramunicipal ubicado nesta localidade e que presta servizo, tamén, aos concellos de Pontecesures, Catoira, Caldas de Reis, Portas e Valga.

    Así se lle comunicou á Vicepresidencia da Xunta de Galicia, á Deputación Provincial de Pontevedra e á Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), solicitándolles que coa máxima urxencia se convoque unha reunión entre estes tres organismos e os concellos afectados co fin de decidir unha nova ubicación para o servizo.

    Ademais, tendo en conta que Valga é o municipio da comarca máis afastado dos servizos de emerxencias, solicítase á Deputación que a partir do día 1 de xaneiro de 2020 se faga cargo da xestión de dito servizo.

    Por outra parte, comunícase aos veciños que entre os días 21 e 25 de decembro, ambos incluídos, non haberá servizo de emerxencias no turno de tarde (de 14 a 22 horas) debido a falta de persoal, polo que ante calquera incidencia deberán chamar ao 112.

    21 dic 2019 / 08:53
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito