Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O Concello de Valga incorpora ao seu cadro de persoal a unha técnica de administración xeral

María José Cruces García, licenciada en Dereito, obtivo a puntuación máis alta na oposición // As súas funcións incluirán a tramitación de expedientes, entre outros traballos administrativos

    María José Cruces García obtivo a máxima puntuación no proceso selectivo convocado polo Concello e que seguiu o sistema de oposición. Natural de Padrón, é licenciada en Dereito e a súa actividade profesional estivo centrada na abogacía durante a última década.

    A nova traballadora municipal tomou esta mañá posesión do seu posto e xurou cumpir coas obrigas do mesmo en presenza do alcalde, José María Bello Maneiro, e do secretario municipal, Juan Manuel Salguero del Valle.

    Trátase dunha contratación con carácter interino que obedece á necesidade e urxencia que ten o Concello de Valga en cubrir postos con persoal que desempeñe funcións propias de funcionarios de carreira para unha maior axilidade e eficiencia no traballo administrativo cotiá.

    04 jun 2019 / 00:08
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito