Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Conferencia de Xoán Antón Pérez-Lema, avogado e articulista de EL CORREO

Falará mañá ás 20.00 horas na Coruña na sede da Agrupaçom Cultural O Facho

Santiago. A Agrupaçom Cultural O Facho de A Coruña volta mañá aos seus ciclos de palestras públicas do período 2019-20. Neste caso, vai ser protagonista o avogado e articulista de EL CORREO GALLEGO, Xoán Antón Pérez-Lema. Falará dentro do ciclo: Economia, História e, Realidade Social, cunha exposición chamada O galego no eido juridico. E logo de rematar a mesma o ponente departirá coas persoas asistentes.
Pérez-Lema é licenciado em Dereito pola Universidade de Santiago (USC) e graduado en Administración de Empresas.

“Militou sempre no nacionalismo galego, sendo un dos fundadores das Mocidades Nacionalistas Galegas. Foi membro da executiva do PNG-PG, e xefe do gabinete da Consellaria da Presidencia da Xunta. Ten exercido tamén como asesor jurídico do CXG, defendendo judicialmente a objectores e insumisos”, segundo sinala a nota de prensa da asociación.
Asi mesmo, foi profesor da UDV e da Escola de Práctica Jurídica do CAC e secretario xeral de Relacións Institucionais da Xunta no goberno bipartito. Hoxe exerce a docencia no programa de asesoria jurídica de empresa do IFFE. “E milita desde a súa fundación en Compromisso por Galiza”, engade a nota.

Amáis colabora en medios públicos como Radio Galega e Televisión de Galicia, así como neste xornal.

A conferencia vai facerse as 20 horas en Portas Ártabras (Sinagoga 22), na Cidade Vela de A Coruña.

09 feb 2020 / 22:35
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito