Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
15:46
h

O Congreso de Criminalística galardoou a Paco Vázquez e a Iker Jiménez onte en Noia

Tamén recibiron Medallas ao Mérito Profesional Villarrubia, Alfredo Conde, Mar Robledo, Nava Castro e Pedro Baños

O alcalde de Noia, Santiago Freire Abeijón, e o director do Centro de formación do Instituto Internacional de Criminalística Aplicada (INICA), Luís Alamancos Pampín, inauguraron onte no Coliseo Noela o I Congreso Internacional de Criminalística Aplicada, que terá lugar en Noia durante esta fin de semana con autoridades a nivel nacional.

O programa de actividades comezou sobre ás 20.00 horas a coa apertura do congreso e a solemne entrega das Medallas ao Mérito Profesional e Académico, que o Instituto Internacional de Criminalística Aplicada concede a un total de 27 persoas e entidades.

Entre as persoas distinguidas figuran os poñentes que están a participar no congreso, coma o coronel Pedro Baños Bajo, ex xefe de Contraintelixencia do Exército Europeo; Alfredo Conde Cid, escritor; María del Mar Robledo Acinas, doutora en Medicina Legal e Forense ou Pablo Villarrubia Mauso, escritor e doutor en Ciencias da Información. Outros dos premiados durante o acto foron Íker Jiménez e Carmen Porter, do programa de televisión Cuarto Milenio, que non estiveron presentes no acto; Nava Castro, directora de Turismo de Galicia ou Francisco Vázquez, ex embaixador de España no Vaticano e ex alcalde da Coruña.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

19 oct 2018 / 21:15
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito