Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Conmemorarase os 100 anos da revista 'Nós' cunha exposición

A mostra realiza un percorrido pola significación e a gran obra dos autores

Santiago. Nós de onte a hoxe: 100 anos de historia, é o nome da exposición que adiántase á conmemoración dos 100 anos de historia da revista Nós, cuxo primeiro número ve a luz o 30 de outubro de 1920.

A mostra ten como lema: ser diferente é ser existente, extraído do uso que del fai Vicente Risco en Nós, os inadaptados, e realiza un percurso pola significación e a obra dos seus principais persoeiros: Vicente Risco, o director literario, Castelao, o director artístico, Ramón Otero Pedraio e Ánxel Casal, e con eles, a proxección que significou para artistas e escritores novos, así como a conexión co Seminario de Estudos Galegos (1923), outra iniciativa capital que marca o inicio dunha ciencia multidisciplinar en galego e sobre a Galiza.

Na inauguración estarán presentes Xosé Regueira e Xurxo Couto, vicepresidente a responsable de Cultura respectivamente da Deputación da Coruña; Manuel Vilar, director do Museo do Pobo Galego; Luís Martínez-Risco, presidente da Fundación Vicente Risco; Mª Antonia Pérez, presidenta da Asociación Cultural O Galo de Compostela; e María Pilar García Negro, presidenta da Federación Galiza Cultura.

O acto tamén contará coa actuación da Coral Solfa, que interpretará dúas pezas musicais, para pór de relevo a importancia que o Grupo e a revista concedían á arte musical no conxunto da cultura galega.

A exposición, realizada por a Federación de Asociacións Culturais Galiza Cultura, en colaboración con o Museo do Pobo Galego, terá lugar o seu acto de inauguración mañá día 11 de decembro as 17.30 horas, e poderá ser visitada ata o vindeiro 25 de xaneiro.

09 dic 2019 / 22:01
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito