Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS FINANCIARÁ CON 365.000 EUROS A PRIMEIRA FASE DAS OBRAS DE MELLORA DA ESTRADA PO-190, EN FERREIRÓS

Renovaranse as redes de abastecemento e saneamento, reconstruiranse as beirarrúas e instalarase nova iluminación // O Concello farase cargo da execución das obras e asumirá a titularidade do tramo unha vez rematadas

    O Concello de Valga e a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade asinarán un convenio de colaboración para executar a primeira fase das obras de acondicionamento da estrada PO-190 no lugar de Ferreirós. O Consello da Xunta autorizou, na súa última reunión, a sinatura deste acordo, que conlevará a aportación por parte da administración autonómica de 364.995’52 euros, o custo total do proxecto.

    As actuacións desenvolveranse no treito da estrada comprendido entre os puntos quilométricos 0 e 0’470. Os traballos centraranse na renovación da rede de augas pluviais na súa totalidade, solucionando así as carencias que presenta na actualidade. Tamén se renovarán as redes de abastecemento e a iluminación, procedendo a soterrar a rede eléctrica e varios tramos da teléfonica.

    Ademais, levaranse a cabo a reconstrución das beirarrúas, a execución de varios muros tanto de sostemento da estrada como de contención de terras, a rehabilitación do pavimento da calzada e a substitución da sinalización horizontal e vertical.

    No que se refire ás obrigas de ambas administracións, a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade financiará as obras e o Concello executará os traballos e asumirá a titularidade deste treito de estrada.

    26 dic 2019 / 23:26
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito