Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A consellería de Medio Ambiente e territorio aproba definitivamente a modificación do PXOM que permitirá a ampliación de Extrugasa

Os cambios afectan aos terreos colindantes coa fábrica de perfilería de aluminio // O obxectivo é favorecer a expansión industrial e o impulso da actividade económica en Valga

    A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda aprobou definitivamente a modificación puntual número 1 do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), tramitada polo Concello co obxectivo de permitir a ampliación das instalacións da empresa Extrugasa e, a través dela, favorecer a expansión industrial de Valga, o impulso da actividade económica e a xeración de postos de traballo para a poboación local.

    A modificación afecta a unha superficie de 265.589 metros cadrados situada entre as actuais instalacións de Extrugasa, a liña de ferrocarril e o núcleo do Forno-A Torre. Conleva unha reordenación dos terreos e a eliminación dun tramo do sistema viario para posibilitar a ampliación da empresa de acordo ao convenio suscrito no ano 2016 entre o Concello e a entidade mercantil, precisamente para desenvolver urbanísticamente estes terreos clasificados como solo urbanizable delimitado de uso industrial no PXOM aprobado ano 2010.

    A aprobación definitiva da modificación puntual foi publicada esta semana no Diario Oficial de Galicia. Con anterioridade fora aprobada inicialmente polo Pleno do Concello nunha sesión celebrada en setembro de 2017.

    24 oct 2019 / 23:31
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito