Santiago
+15° C
Actualizado
viernes, 10 julio 2020
19:13
h

O Consorcio inviste 3,6 millóns no patrimonio

    O Consorcio de Santiago aprobou onte as bases reguladoras para a concesión de subvencións directas de intervencións de rehabilitación e restauración de inmobles de valor histórico e patrimonial en Santiago para este ano, por un importe global de 3.659.704,44 euros. Destaca a adecuación da ala sur do conxunto de San Domingos de Bonaval para uso museístico, por valor de 3.098.781,31 €. Ademais, instalarase un ascensor no edificio situado na praza de Salvador Parga, sede do Conservatorio Histórico, do Ateneo de Santiago e da Real Sociedade Económica de Amigos do País, por un importe de 97.208,83 €.

    Por outro lado, realizaranse obras de mantemento en San Martiño Pinario, nas igrexas de Agualada de Marantes, San Fructuoso, San Caetano e Santas Mariñas e no cemiterio da Orde Terceira Franciscana.

    26 abr 2019 / 00:00
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito