Santiago
+15° C
Actualizado
domingo, 09 agosto 2020
02:31
h

O contacontas "Bolboretas" encheu o auditorio de historias sobre igualdade

A actividade enmarcouse na campaña de sensibilización contra a violencia de xénero organizada polo Concello // O próximo venres terá lugar, tamén no Auditorio, o espectáculo de marionetas “Xogo revolto”

O Auditorio Municipal recibiu o venres á contadora de historias Soledad Felloza, que presentou o seu espectáculo de narración oral "Bolboretas".

Relatou historias de mulleres e nenas que voan alto para amosar que un mundo igualitario e sen violencia é posible.

A actividade foi organizada polas bibliotecas municipais no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero e como parte da campaña de sensibilización promovida polo Concello con motivo do 25-N, Día Internacional contra a violencia de xénero.

O vindeiro venres, día 22, terá lugar tamén no Auditorio unha nova actividade infantil en clave de igualdade: “Xogo revolto”, unha obra teatral con marionetas que trata de reforzar unha axeitada educación emocional e en valores, ensinando dun xeito chamativo e divertido que amosar os sentimentos e emocións non nos fai parecer débiles.

Será a partir das 17:30 horas con entrada de balde.

19 nov 2019 / 23:34
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito