Santiago
+15° C
Actualizado
domingo, 31 mayo 2020
02:59
h
BOIRO

Convocan unha protesta o domingo na vila boirense contra as casas de apostas

    A Plataforma Veciñal de Boiro convocou para este domingo unha concentración de rexeitamento das casas de apostas e do negocio do xogo online "que tratan de lucrarse a costa dos cartos das familias traballadoras", sinalan. Segundo o colectivo, "en Barbanza hai máis de medio cento de puntos onde realizar apostas, o que representa máis máquinas de apostas por cada mil habitantes que centros de saúde. Especialmente preocupante é a súa influencia na xente moza". A marcha de protesta ten previsto o seu comezo ó mediodía e se celebrará na rúa peonil da vila (detrás do consistorio, fronte á praza de abastos). Os convocantes piden a implicación de nais e pais, xuventude, poderes públicos e os colectivos que forman a sociedade civil, "especialmente aqueles sobre os que descansa directamente a responsabilidade de formar a nenas e nenos". Engaden que ditos establecementos "ofrecen á xuventude un ocio baseado no consumo rápido" e que "esta conduta vese alimentada pola posibilidade de apostar as 24 horas do día, os 365 días do ano" a través de Internet.

    03 oct 2019 / 00:00
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito