Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Contra o correo lixo, David Ruano crea o Wirebrush4SPAM

Desenvolveu o sistema de filtrado na súa tese de doutoramento en Enxeñaría Informática

Grazas aos avances nas redes de comunicación cada día máis é posible dispor dunha forma fácil e rápida de conexión a Internet desde calquera lugar. As estatísticas indican que diariamente se envían unha media de 125 billóns de correos electrónicos no mundo e que arredor do 60% deles son correo lixo ou spam. Para loitar contra estas mensaxes non desexadas de publicidade, virus ou fraudes, no marco da súa tese de doutoramento David Ruano desenvolveu Wirebrush4SPAM, un novo sistema aberto de filtrado capaz de clasificar os correos electrónicos con maior precisión e eficiencia. A ferramenta está dispoñible para a súa descarga e uso totalmente de balde.

A tese con mención internacional, titulada Model for optimising the execution of anti-spam filters, foi presentada na Escola Superior de Enxeñaría Informática do campus de Ourense baixo a dirección do docente José Ramón Méndez Reboredo.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

03 sep 2015 / 20:33
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito