Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
{ tribuna libre }

A crise como oportunidade

    a crise afúndesee na Lei 6/1998 de liberalización do chan de Aznar e Rato, e a complicidade de Zapatero vén por non parar a burbulla inmobiliaria. O programa deste estivo centrado nos dereitos sociais e unha lei de dependencia sen orzamentos suficientes. Máis acorde cunha visión radical-democrática, que cunha socialista que cuestionara a hexemonía da dereita na Transición. Un crecer para un reparto desigual.

    Porén, a diferenza de Italia, pudemos ir a unhas eleccións no 2011, que trouxo un goberno de Rajoy e un ministro de Lehman Brothers, Luís de Guindos. Un goberno fiable para os grandes financeiros. Agora, cando amplos sectores contestan as súas receitas, incluídos moitos dos seus votantes, o seu entorno mediático reclama a complicidade socialista.

    Esgotado Rubalcaba, propoñen a un Almunia obediente a Merkel, que recupere o voto centrista das clases medias para o PSOE (escondendo que os traballadores mileuristas e os parados son a gran maioría da poboación). Vano intento, uns están sendo proletarizados, e os que se seguen mantendo como tal clase media abandonan a idea democrática, máis preocupados pola súa carteira.

    Mentres, o austericidio impide a recuperación; os recortes son escusas para facer negocios lucrativos. Aí está a privatización da sanidade en favor de empresas como Capio, vinculada a Rato e Ignacio López (esposo de Cospedal). Obviamente, unha casualidade. Un acordo ou unha gran coalición entre o PP e o PSOE só é posible aceptando as políticas da dereita, recorte das liberdades cidadás e o espolio do sector público. Suporía unha implosión dos socialistas.

    A crise tamén é unha oportunidade para os cidadáns e os propios socialistas; cun amplo acordo de unidade cos movementos sindicais, sociais e do conxunto da esquerda plural. A saída da crise está en máis democracia, máis sector público e máis estado de benestar. Puro socialismo.

    http://manuelcendan.com d

    O autor é secretario de Política Municipal da Agrupación Socialista de Ferrol

    04 ene 2013 / 20:40
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito