Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Cristina Pato, Pedreira, Salvado e Secho estarán no festival Abride a Fiestra

A Fundación Rosalía presentou o evento que inclúe, tamén, regueifas, visitas, conferencias, feira e ludoteca

A Fundación Rosalía de Castro presentou onte a segunda edición do festival Abride a Fiestra, que terá lugar os días 13 e 14 de xullo e que acollerá diferentes manifestacións culturais tendo a poetisa como figura central. Entre os protagonistas estarán Cristina Pato, Davide Salvado, Ugia Pedreira, Secho, Paco Nogueiras e a Coral de Padrón no apartado musical. Ademáis, proxectarán filmes, haberá visitas guiadas, conferencias, unha feira e unha ludoteca.

O festival foi presentado no cuarto no que morreu Rosalía da Casa da Matanza, onde segundo a súa filla dixo como últimas verbas: "Abride a fiestra que quero ver o mar". Participaron, o presidente da Fundación, Anxo Angueira; a vicepresidenta da Deputación, Goretti Sanmartín; a subdirectora xeral de Política Lingüística, Lurdes Batán, e o alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira.

O programa comezará o sábado 13 cun recital do Colectivo de Poetas en Bruxelas e un grupo representativo da poesía galega. Participarán os escritores Taha Adnan, Frank de Crits, Geert van Istendael, Serge Meurant, Silvia Vainberg, Bart Wonck, Ramón Neto, Xavier Queipo, Chus Pato e Yolanda Castaño. Rematará a xornada cun concerto de Cristina Pato acompañada por Roberto Comesaña.

O día grande, o 14, celebran unha xornada de portas abertas na Casa-Museo, na que ademais da música, unha ludoteca e unha feira con produtos rosalianos, haberá visitas guiadas por personaxes coñecidos ou especialistas. A mesmísima Rosalía e o seu marido, Manuel Murguía, acudirán á festa grazas aos actores Ester Formoso e Carlos Ocaña.

25 jun 2019 / 22:06
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito