Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

CRTVG participará en seis novos proxectos audiovisuais

Apoian a ‘Eles transportan a morte’, ‘Cuñados’, ‘San Simón’, ‘O método’, ‘Welcome to ma maison’ e tamén ‘Alén da Terra’

A Corporación Radio e Televisión de Galicia (CRTVG) acordou a súa participación nun total de seis novos proxectos cinematográficos, tres longametraxes e tres documentais, en cumprimento das accións de apoio dos medios públicos ao sector audiovisual.

Despois da avaliación realizada pola Comisión Directiva de Programación da TVG, que analizou as distintas propostas presentadas, determinouse a participación da CRTVG nesta selección de proxectos, dentro do coñecido como o cumprimento do 6%. Favorecer o sostemento dun sector audiovisual galego que busque tamén a mellora da sociedade e apoiar na creación neste eido unha identidade propia conforman algúns dos criterios que se seguen neste proceso de selección.

COMEDIAS E TRABALLOS DE MAIOR RISCO No que respecta ás longametraxes, a CRTVG vai apoiar por unha parte un título de autor, Eles transportan a morte’ avalado por dous directores, Samuel M. Delgado e Helena Girón, con ampla traxectoria en festivais internacionais-

Ademais, a Corporación seleccionou outras dúas películas: Cuñados, unha divertida comedia familiar moi arraigada na cultura galega arredor da historia dun crime que transcorre de Compostela; e a longametraxe máis experimental San Simón, do director Miguel A. Delgado, é unha longametraxe de marcado carácter autoral que se move entre dous eixes: o espazo xeográfico da Illa de San Simón na ría de Vigo, e a rutina da prisión. E xa no apartado documental, a Galega acordou participar en tres producións. O método, de Rubén Riós, que descobre a través dun percorrido por diversas cidades do ámbito nacional as experiencias vitais, o afán de superación e a enérxica loita das persoas con discapacidade.

Outro docu que contará co apoio da CRTVG é Welcome to ma maison, unha nova proposta do director e guionista de Dhogs, Andrés Goteira. Narra as desventuras dun actor centrado na investigación cinematográfica e obsesionado coa filmografía do director dinamarqués Nicolas Winding Refn.

Así mesmo, neste apartado de documentais inclúese Alén da terra, unha proposta documental de Somadrome Filmes, de gran interese divulgativo e científico.

Este orixinal documental destaca a posición de Galicia nesta nova era espacial grazas á emerxente industria dos nanosatélites.

10 oct 2019 / 22:11
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito