Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Cuntis destina 10.000 € para os máis afectados

    O Concello de Cuntis vén de aprobar un programa de axudas municipais de emerxencia social dirixido a familias ou persoas con dificultades económicas ou en situacións de especial vulnerabilidade. O alcalde, Manuel

    Campos, asinou o decreto polo que se autorizan estas achegas de emerxencia ás que se destinan un total de 10.000 euros de fondos municipais. A axuda económica farase efectiva mediante a retirada de produtos básicos

    (alimentación, hixiene persoal e do fogar e farmacéuticos) dos distintos establecementos de alimentación, hixiene e farmacias ata o límite do importe establecido en función do número de persoas que integren a unidade familiar. As axudas son de 100€ para unha persoa e 150 para dúas.

    28 mar 2020 / 21:51
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito