Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
cuadro de honor

Da pequena Ponteceso ao internacional festival intercéltico de Lorient

DINAMIZADOR. O Museo Etnolúdico de Galicia (Melga), de Ponteceso, segue a rachar fronteiras grazas ao traballo incansable e a paixón que cada día amosa o seu promotor, fundador e director, Ricardo Pérez y Verdes. Acaba de recibir o convite dos organizadores do Festival Intercéltico de Lorient (Francia) para que os xogos e deportes tradicionais medievais que mantén vivos o Melga sexan protagonistas e convidados de honra, en representación de Galicia, na edición de 2020. Unha citación que é todo un recoñemento internacional ao bo facer a prol da divulgación e da conservación da historia mundial dos xogos e os deportes tradicionais, que teñen no Melga un espazo privilexiado e na pequena Ponteceso de Eduardo Pondal un escaparate aberto ao mundo enteiro.

21 ago 2019 / 22:41
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito