Santiago
+15° C
Actualizado
domingo, 22 mayo 2022
03:03
h

‘Debezos’, primeiro poemario en galego despois da guerra

Terminou de imprimirse vinte días antes que ‘Cómaros verdes’, da autoría de Iglesia Alvariño

Debezos, de Avelino Díaz, “se terminó de imprimir el día 4 de julio de 1947 en la imprenta José Rosenbaum, Gral. Urquiza 42, Buenos Aires”, xusto vinte días antes de que vise a luz Cómaros verdes, tal e como se constata na contraportada das edicións orixinais dos dous libros.

Ricardo Carballo Calero, na súa Historia da ­literatura galega contemporánea, di textualmente que Cómaros verdes (1947) é o primeiro libro importante de poesía galega aparecido despois de 1936. Cómaros verdes aparece datado en Vilagarcía de Arousa, na ­imprenta Celta, na véspera do Día de Galicia e de Santiago de 1947.

Pendentes da negociación do impreciso concepto de importante empregado por Carballo Calero, pero unha vez contrastada –de xeito moi recente, precisamente por nunca ter sido obxecto dun estudo miúdo–, a súa incuestionable calidade poética, Debezos debe ser considerado un poemario galego importante da posguerra previo aos Cómaros verdes, deixando sen valor así a afirmación de Carballo Calero.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

31 mar 2016 / 21:27
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito