Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Denuncian irregularidades no proxecto da depuradora de mariscos de Castiñeiras

Verdegaia di que se 'estirou' a caducidade e que non se fixo unha tipificación do vertido

    O colectivo ecoloxista Verdegaia denuncia "un cúmulo de irregularidades" no proxecto para a construción dunha depuradora de mariscos nas inmediacións do porto de Castiñeiras, en Ribeira.

    Así, sinala que a concesión adxudicada en 2015, e na que se daba un prazo de tres meses para empezar a obrar, mantíñase (en contra do recollido nas cláusulas) sen caducar dous anos despois, en 2017, cando a empresa Triñanes e Pego retomou a tramitación.

    Engade que este ano, en abril, Portos de Galicia ameazou coa caducidade da concesión se no prazo de 10 días non se presentaba documentación adicional, volvendo a enviar outro escrito de apremio e ofrecendo outro prazo similar en setembro, cinco meses despois da data límite para decretala.

    "No proxecto (que foi informado negativamente tanto polo departamento de Urbanismo como polo técnico de Medio Ambiente do Concello, así como pola Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro) chama a atención a ausencia de calquer referencia á caracterización dos vertidos, dos que se di só o volume previsto de emisión de augas procedentes do depurado (43.200 litros diarios)", apunta a asociación.

    Sin embargo, dita cifra estaba prevista no documento inicial para a depuración de entre 2.500 e 3.000 quilos de mexillón, polo que "chama a atención", segundo a entidade, que está a manterse para o plan final contemplado para a depuración de 18.000 quilos diarios de dito produto. É dicir: que se multiplica por seis a cifra de mexillón procesado e mantense a de auga utilizada.

    Finalmente, bota en falta unha valoración do posible impacto ambiental e o preceptivo informe de Augas de Galicia (que tamén lle foi solicitado á empresa dende a oficina municipal de Medio Ambiente).

    12 sep 2019 / 22:13
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito